Armadora Pereira

Se facemos un pouco de historia, habemos de dicir que foi fundada por José Pereira Álvarez, quen comezou a súa actividade no mundo da pesca a mediados do s. XX.

Hai que recuar moitos anos atrás para falarmos da orixe familiar da empresa e daquelas primeiras embarcacións artesanais, que pescaron principalmente no Atlántico Norte, na zona denominada como Gran Sol.

Nunha segunda etapa prodúcese o salto cualitativo, pasando a embarcacións de medio porte e coa innovación da conxelación a bordo, o cal facilitaba a conservación e melloraba considerablemente a calidade dos produtos. Principalmente este segundo segmento de buques pescaban nos caladoiros de Marrocos e de Mauritania.

Nunha terceira etapa prodúcese unha renovación completa da frota, adaptándoa ás novas pesqueiras e caladoiros. Incorpóranse modernas tecnoloxías, principalmente electrónicas e informáticas aplicadas ao ámbito pesqueiro, para a satisfacción das novas esixencias dos mercados. Créase tamén unha división comercial, con rede de distribución propia, rede de tendas de venda directa..., así como diferentes infraestruturas para a elaboración e transformación dos produtos pesqueiros.

Hoxe, cando a frota creceu e sulca os mares do mundo, segue prevalecendo o mesmo espírito de entrega, cunha filosofía común a un desenvolvemento que observa como prioritario o respecto ao mar.

ACTUALIDADE

Recetario 2016

11 EDICION (+info)

PROPESCA(+info)

CASTELLANO   |   GALEGO   |    ENGLISH
INICIO   |    AVISO LEGAL